Novas

Novas e actualidade do Grupo Cuevas

Grupo Cuevas cumpre 155 anos reforzando lazos cos seus clientes e cos seus empregados

22 Novembro, 2022

Grupo Cuevas alcanza un novo fito na sua traxectoria como empresa centenaria e sopra as velas dos seus 155 aniversarios. Tal e como fixese un 23 de novembro de 2016 na presentacion do seu 150 aniversario, o grupo de orixe ourensa despregou un completo programa de accions encaminadas a celebracion desta efemeride. Cunha clara orientacion cara as persoas e o territorio no que esta presente a dia de hoxe e que se estende xa por todo o noroeste espanol, o centesimo quincuaxesimo quinto ano do grupo conmemorase con iniciativas proximas a Responsabilidade Social Corporativa nas suas vertentes ambiental e social moi derivadas cara ao medio rural.
Os incendios que este pasado veran afectaron a todo o noroeste espanol non pasaron desapercibidos para a compania que enfocou o seu obsequio de 155 aniversario, a empregados do grupo, a tratar de achegar unha reconstrucion de todas estas paisaxes e territorios. Como o fixo? Coa entrega de case un milleiro de plantas de castineiro para a reconstrucion dos nosos montes que permitan tamen crear un futuro ao redor da castana, a alma e selo identificador de Grupo Cuevas.
“As 759 persoas que forman parte de Grupo Cuevas na actualidade son o motor que fai posible que sigamos alcanzando novas metas, xerando riqueza e formando parte da vida dos territorios nos que nos desenvolvemos” afirma Artur Yuste. “Axudar ao Medio Ambiente a reconstruirse nestas zonas de gran afectacion e a mellor forma de entender que debemos crear e traballar porque exista un futuro para os nosos bosques e a vez para o rural e para a castana. Por iso instamos a nosa xente para plantar estes castineiros naquelas zonas que o lume arrasou”.
Outro dos bastions que Grupo Cuevas ten no seu ADN e o traballar para mellorar a vida aos clientes e a aquelas persoas que deciden confiar no seu produto e os seus servizos a hora de elixir algo tan importante como o que se consome en cada fogar, cada familia ou cada negocio. Conscientes do contexto economico que estamos a vivir, a celebracion do 155 aniversario orientase tamen ao ambito mais social, con actividades de promocion e descontos que se aplicaran nos seus supermercados Plenus e Aquie, e tamen na sua lina de venda Cuevas Cash durante o dia 23 de novembro. Yuste insiste en que “desenamos uns aniversarios para compartir cos clientes de Galicia, Asturias, Cantabria e Castela e Leon que nos visitan cada dia, cunha accion enfocada a que a sua cesta da compra sexa moi economica e cun gran desconto. Importanos sobre todo o que os nosos clientes pensan de nos, e ser capaces de cubrir as suas necesidades. As nosas tendas vestiranse de forma especial para recibirlles. Queremos que se unan a este dia de festa e que o vivan connosco”.
Ademais, e por terceiro ano consecutivo, Grupo Cuevas lanza en poucos dias a consulta a todo o colectivo de empregados do seu xa consolidado Cupon Solidario. Unha iniciativa posta en marcha en abril de 2019 pola cal, son as propias persoas que traballan na compania as que deciden a quen destinar as doazons de Grupo Cuevas. O Cupon Solidario forma parte do programa de beneficios sociais #soydegrupocuevas, que ten, dentro das suas actividades, esta accion social coa que a compania se compromete a doar o equivalente ao 10% do valor de todos valelos trimestrais obtidos coas compras efectuadas polos traballadores na rede de supermercados Aquie e Plenus. Pronto coneceremos aos seus beneficiarios que, noutras edicions, cubriron as necesidades de familias en situacions de vulnerabilidade do ambito rural de Galicia asi como de pacientes oncoloxicos e nenos e nenas con necesidades de apoio social.
Finalmente, a empresa presenta mana nas suas redes sociais o video conmemorativo destes 155 anos no que tratan de dar resposta a pregunta Quen somos? Desde un punto de vista emocional, ainda que cunha clara vinculacion as persoas e apelando ao seu froito estrela: a castana. A poetisa Yolanda Castano pon voz a esta reflexion na sua version en galego e castelan. Podera verse desde mana mercores nas redes sociais da compania: Youtube, Twitter e Linkedin.
Ver imaxe