Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

FELICES FESTAS!

22 Decembro, 2022

Quen somos? Somos o froito dunha ilusión. Froito da dedicación e o esmero. Froito do querer saber e do saber facer. Somos o froito dunha aposta innegociable pola innovación e a mellora continua. Froito da auga, do aire, da terra e do lume. Froito da calma, da serenidade, do coidado en cada detalle. Quen somos? Somos o froito de todo o vivido xunto a ti. Felices festas! Ver imaxe Ver Video Castelan Ver Video Ingles Ver Video Galego

RESULTADOS CUPÓN SOLIDARIO 2022

13 Decembro, 2022

Xa coñecemos os resultados das doazóns do cupón solidario que, entre todos, realizamos cada ano as catro fundacións que forman parte este 2022 do programa #SoydeGrupoCuevas: Asociación Española Contra o Cancro, Fundación Meniños, Cruz Vermella e o Banco de Alimentos de Ourense. Na enquisa, que recibistes hai uns días, preguntámosvos a quen queriades que doásemos por parte de Grupo Cuevas o equivalente ao 10% do cheque trimestral obtido coas compras nos supermercados Plenus e Aquié. Despois dun reconto de votos, os resultados son os seguintes: AECC: 49,35% dos votos. Fundación Meniños: 22,73% dos votos. Banco de Alimentos: 18,83% dos votos. Cruz Vermella: 9,09% dos votos. Grazas a colaboración de todos e todas a AECC poderé destinar a recadación á atención das necesidades básicas de manutención de decenas de pacientes oncolóxicos con carencias económicas. Doutra banda, a Fundación Meniños reforzará os seus programas de apoio psicosocial para poder axudar a todas as familias con nenos vulnerables na provincia de Ourense, mellorando as capacidades de crianza e o coidado dos seus fillos. Tamén o Banco de Alimentos destinará unha porcentaxe do recadado a máis de cen familias con alimentos infantís. Finalmente, Cruz Vermella poderá cubrir necesidades urxentes das familias ourensás, que necesitan alimentos e/o produtos de hixiene, entre outras.   Grazas por colaborar para poder poñer o noso gran de area! Ver imaxe

SORTEO DUN LOTE DE MARRON GLACÉ NAS NOSAS REDES SOCIAIS

12 Decembro, 2022

En #MeGustairalSuper xa estamos coa conta atras para o Nadal, pero non queremos acabar 2022 sen o SORTEO dun saboroso premio: Unha cesta con Marron Glacé Classic, Marron Glacé ao licor de Pera Williams e Marron Glacé Bombón! Para participar no sorteo so hai que: 1. Ser seguidor de #MeGustairalSuper en Facebook ou Instagram. 2. Etiquetar a dous amigos. 3. Comentar na publicación do SORTEO Que produto ou prato nunca falta na tua cea de Noiteboa? Para que o premio chegue a tempo, poderás participar dende hoxe ata o vindeiro martes 20 de decembro. Moita sorte a todos e a todas! Importante! O gañador/a de o sorteo deberá recoller o seu premio en calquera dos supermercados Plenus ou Aquié, previo acordo coa organización do concurso. Podes consultar as bases legais do sorteo na seguinte ligazón: Ver imaxe Consultar bases legais