Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

O GRUPO CUEVAS REGALARÁ 150 COMPRAS E UN COCHE FORD PARA CELEBRAR O SEU 150 ANIVERSARIO

27 Outubro, 2017

Os actos do 150 Aniversario do Grupo Cuevas instálanse de cheo na sociedade, nas familias e nos clientes da “nova compañía centenaria”.
Na recta final do ano, os sorteos en todos os establecementos da marca galega de alimentación substitúen os eventos culturais (a creatividade artística ao redor da relatividade do tempo), os premios, a memoria audiovisual e os encontros a pé de rúa (eventos de Street Márketing en varias cidades galegas). O 9 de outubro arrincou a esperada campaña de sorteos para premiar a fidelización dos clientes, coincidindo co século e medio de vida da compañía.
Máis información

PRESENTAMOS O NOSO CATÁLOGO ESPECIAL SELECCIÓN DE NADAL

23 Outubro, 2017

O tempo é relativo.
Unha hora pode ser moi longa,
ou converterse nun instante.
E a vida?
Todo depende do que fagas con ela.
Paréceche curta?
O tempo pode pasar voando.
Vello ou novo?
Con cantos anos se ten experiencia?
E cando se deixa de ser novo?
Aos vinte? Aos corenta?
Ou cando deixas de divertirte co que fas.
O tempo é tan relativo.
A ver, un castaño de 150 anos parécheche novo ou vello?
E se che digo que algúns pasan dos mil anos?.
O tempo é moi relativo.
Non che parece?
É tempo de Nadal.
Descargar Catálogo

LANZAMOS AS PROMOCIÓNS DO NOSO 150 ANIVERSARIO EN SUPERMERCADOS E CASH

9 Outubro, 2017

Chega a hora de compartir cos nosos clientes este ano inolvidable para Grupo Cuevas. Pomos en marcha unha promoción moi especial. Entre o 9 de outubro e o 9 de decembro, sortearemos entre todos os nosos clientes de supermercado e cash, 150 carros da compra de 150 euros cada un. E ao final, entre todos os participantes, sortearemos un fantástico Ford Ka+ edición Ultimate.
Participar é moi sinxelo. Comprando 15 euros en calquera dos nosos supermercados ou 30 euros en calquera dos nosos cash, obterase un boleto que, xunto cos datos persoais do cliente, se poderá introducir en calquera das urnas disponibles en toda a nosa rede de supermercados e cash de Galicia.
Co lanzamento das promociones do 150 aniversario, Grupo Cuevas activa tamén o “alicerce” comercial que forma parte do programa de actividades que se están desenvolvento este ano para conmemorar os seus 150 anos de vida.
Consulta as bases legais