As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Caldeirada de año

Caldeirada de año

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 10 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 40 g Caldo de carne
  • 15 g Cebola
  • 160 g Año
  • 1 g Loureiro
  • 15 g Pan
  • 120 g Pataca
  • 0.5 g Pementa negra
  • 15 g Pemento vermello
  • 0.5 g Sal
  • 40 g Viño branco

Instruccións

Cortar o año en anacos, salpementar e dourar en aceite. Á parte, refogamos o allo, a cebola, e o pemento vermello co loureiro en aceite. Engadimos o año, mollando este con viño branco e un pouco de caldo deixando reducir. Sacamos o año da salsa, engadimos pan fritido e trituramos a salsa. Despois engadimos a pataca, previamente fritida e cortada en dados. Deixamos cocer todo xunto uns minutos.

A carne de año é moi apreciada, por iso se consume en numerosas celebracións. É fonte de proteínas de alto valor biolóxico. A carne de año considérase graxa pero depende da idade do animal. O año de leite o que menos graxa contén e esta é doada de eliminar. O seu contido en colesterol é elevado polo que se debe consumir ocasionalmente. Destaca a cantidade de ferro de doada absorción necesario para previr anemias.