As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Atún con tomate

Atún con tomate

Información nutricional:

Kcal: 456,6
Proteínas: 34,2%
Hidratos de carbono: 29,6
Lípidos: 36,2

Ingredientes

  • 120 g atún
  • 15 g cebola
  • 50 g chícharos
  • 1 (150 g) tomate
  • 1/3 (40 g) pemento vermello
  • 1 (100g) pataca
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • perexil
  • loureiro
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Facer o atún á prancha e reservar. Para facer a salsa rustrir a cebola e o pemento vermello e o loureiro a lume lento. Engadir o pemento doce e o tomate en anacos, sen pel e sen sementes, deixando cocer 15 minutos. Triturar e poñer a punto de sal. Cocer as patacas ó vapor. Napar o atún coa salsa e meter no forno 10 minutos a 180ºC. Os chícharos cócense á parte e despois engándense ó forno.

Vantaxes:
A carne do atún posúe un 12% de graxa, rica en ácidos omega-3, que axudan a rebaixar os niveis de colesterol e triglicéridos do sangue, diminuíndo o risco de doenzas como a aterosclerose, trombose, así como a prevención de enfermidades cardíacas. Ademais, destaca pola súa composición en vitaminas e minerais. Entre as primeiras destacan as do grupo B. Outros grupos importantes de vitaminas son as liposolubles, como a A e D. Os minerais que destacan na composición do atún son o fósforo e o magnesio, dando, ademais, altos niveis de ferro e iodo.