GRUPO CUEVAS DESÉXALLES FELIZ 2015 COA CAMPAÑA “HALO DE SABER”
31 diciembre, 2014
“Halo de saber” é a campaña escollida por Grupo Cuevas para felicitar as festas. Miguel Cibeira, Gilberto Fernández, Manuel Pombar, María Fernández, Filomena Seguín e José Pérez cóntannos a súa experiencia, sabedoría, paixón, coñecemento, ilusión e historia. Un patrimonio inmaterial de incalculable valor, o legado dos nosos maiores, que transmiten coa mesma naturalidade coa que o recibiron, co respecto ás raíces fortes e profundas como as dos castiñeiros que tanto aman, coa grandeza que nace da humildade e a supervivencia, coa sinxeleza que dá saberse parte da natureza, cos ollos de quen mira de fronte, de quen ten alma de bosque.
Eles naceron, creceron, xogaron, alimentáronse, traballaron, criaron aos seus fillos e saíron adiante. A castaña foi o fío das súas vidas. A mesma castaña que aliviou os seus sufrimentos, alegrou as súas mesas ou confeitou as súas celebracións. E así moitos anos, un detrás doutro. 2015 volverá a ser bo e eles sábeno, porque todos os anos que vemos pasar son bos. Claro que aínda se poden facer mellores, se non se lles pide máis do que poden dar. Habémolo de saber. Feliz 2015.
Ver campaña