Novas

Novas e actualidade do Grupo Cuevas

GRUPO CUEVAS CULMINA O SEU PLAN DE RENOVACIÓN DE SUPERMERCADOS AO FORMATO PLENUS

9 septiembre, 2021

Na mañá do día de hoxe reabría as súas portas, baixo a insignia Plenus, o supermercado que Grupo Cuevas ten situado na Avda. de Portugal, en Ourense. Con 21 anos de traxectoria, esta foi unha das primeiras experiencias que o centenario grupo ourensán tivo co ámbito do comercio polo miúdo co lanzamento das tendas de proximidade Aquí. A pasada semana, realizaba tamén esta adaptación ao novo formato a tenda situada, tamén en Ourense, na rúa Río Sil do barrio do Vinteun. Con estas aperturas culmina o plan estratéxico de transformación e actualización dos supermercados de Grupo Cuevas que operarán, desde hoxe, coas insignias Plenus (16 puntos de venda) e Aquié (3 puntos de venda).
Ver imaxe

Ler nota de prensa