Refogado de verduras con arroz
Información nutricional:
Kcal: 155,3
Proteínas: 8,4%
Hidratos de carbono: 61,3%
Lípidos: 30,3%
Ingredientes
- 60 g arroz
- 25 g cabaciño
- 25 g pemento vermello
- 25 g pemento verde
- 25 g cenoria
- 20 g cebola
- 20 g chícharos
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: De 20 a 30 minutos
Cocer o arroz en branco con moita auga e sal. Refrescar e escorrer. Cortar as verduras en dados e refogar en aceite. Engadir o arroz e os chícharos deixando cocer un minuto mais. Dar o toque de sal.
Vantaxes:
Con este prato beneficiámonos das propiedades do arroz, sendo un alimento positivo para a prevención e mellora de patoloxías como a hipertensión e a hipercolesterolemia, debido ó seu baixo contido en sodio e á súa excelente dixestibilidade ligada a unha acción astrinxente pola carencia de fibra; e das propiedades das verduras (cabaciño, cenoria e pementos), que aportan ó organismo substancias cunha elevada acción antioxidante, vitaminas do grupo B, A, E, C, e minerais como potasio, fósforo, calcio ou magnesio.