Peixe espada con salsa de chícharos
Información nutricional:
Kcal: 464,9
Proteínas: 32,6%
Hidratos de carbono: 34,6%
Lípidos: 32,8%
Ingredientes
- 150 g peixe espada
- 125 g chícharos
- 80 g pataca
- 100 mL leite desnatado
- 6 g fariña
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: De 30 a 40 minutos
Cocer os chícharos en abundante auga fervendo con sal, escorrer e reservar. Elaborar unha salsa bechamel, que será a base da salsa de chícharos. Pasar os chícharos escorridos pola batidora ou polo pasapurés e engadir á bechamel, mesturar ben procurando que quede lixeira, e poñer a punto de sal. Untar con aceite de oliva as talladas de peixe espada e cociñar á prancha, volta e volta, 1 minuto por cada lado. Poñer a punto de sal o peixe espada e acompañar coa salsa de chícharos e pataca cocida.
Vantaxes:
O peixe espada é un peixe semigraxo. O seu contido en proteínas non é moi elevado, pero son dun alto valor biolóxico, xa que inclúen todos os aminoácidos esenciais. Ademais contén diferentes vitaminas e minerais, entre os que destacan as vitaminas do grupo B e A, e a presenza de fósforo e magnesio, posto que este peixe é o máis rico nestes minerais.