As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Palometa encebolada

Palometa encebolada

Información nutricional:

Kcal: 432,8
Proteínas: 37,3%
Hidratos de carbono: 25,0%
Lípidos: 37,7%

Ingredientes

  • 150 g palometa
  • 1 (100g) pataca
  • 75 g cebola
  • 50 g pemento verde
  • 50 mL caldo peixe
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Refogar en aceite o allo picado a cebola e o pemento verde en tiras. Engadir o caldo de peixe e deixar cocer 5 minutos. A palometa sálgase e doura no ferro volto e volta, cóbrese coa salsa e termina de 5 a 10min no forno. Acompañar de pataca cocida.

Vantaxes:
A palometa é un peixe semigraxo. Destaca polo seu contido en proteínas, superior ó da grande parte dos peixes, sendo estas de gran valor biolóxico. A palometa tamén aporta diferentes vitaminas e minerais, sendo a vitamina B12 a máis abundante, ata superando os niveis que conteñen ovos e algunhas carnes.