Macarróns con tomate ao gratén
Información nutricional:
Kcal: 265,6
Proteínas: 13,6%
Hidratos de carbono: 42,4%
Lípidos: 44,0%
Ingredientes
- 80 g pasta
- 100 g salsa tomate
- 10 g queixo relado
- 1 cullerada (5mL) aceite oliva
- ourego
- pementa branca
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: De 30 a 40 minutos
Cocer a pasta en auga abundante con sal o tempo que nos indique o fabricante. Refrescar e escorrer. Aparte quentar o aceite e engadir a pasta e a continuación a salsa de tomate. Mesturar a pasta coa salsa e dar o toque de sal e pementa quentando uns minutos. Añdir un pouco de ourego seco e cubrir con queixo.
Vantaxes:
As principais características da pasta son o seu gran aporte en hidratos de carbono de absorción lenta (amidón) e en proteínas (glute), e o seu baixo contido en graxas.
Este prato tamén presenta un gran contido en tomate. O principal beneficio deste comestible radica no seu contido en licopeno (responsable da súa coloración, que vai de amarelo a vermello). O licopeno posúe excelentes propiedades antioxidantes que protexen as células da acción dos radicais libres (principais causantes do envellecemento celular, enfermidades cardiovasculares e cancro). Ademais, contén potasio, magnesio, fibra, e vitaminas do grupo B e vitamina C.