Lentellas con tomate e cebola
Información nutricional:
Kcal: 273,2
Proteínas: 17,3%
Hidratos de carbono: 42,6%
Lípidos: 40,1%
Ingredientes
- 40 g lentellas
- 100 mL auga
- 50 g tomate
- 20 g cebola
- 15 g cenoria
- 10 g touciño
- 5 g fariña
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada (5mL) aceite oliva
- comiños
- pementón doce
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: De 40 a 50 minutos
Introducir en auga fría as lentellas, a cenoria, o touciño desalgado e a metade da cebola (cortado en dados). Poñer a cocer lentamente. Facer un rustrido con allo, cebola, fariña, pementón e tomate. Engadirllo ás lentellas e deixar cocer ata que estean cocidas. Poñer a punto de sal e cominos.
Vantaxes:
As lentellas son fonte natural de proteínas. A riqueza proteica e de ácidos nucleicos favorece a loita fronte ó envellecemento celular. As lentellas posúen un alto contido en hidratos de carbono, pero as legumes teñen a capacidade de controlar a glucosa que se incorpora no sangue. Ademais, as lentellas conteñen unha alta porcentaxe de potasio, que favorece a eliminación de líquidos do organismo. Son ricas en vitaminas do grupo B, ácido fólico e ferro.
Inconvenientes:
O ferro de orixe vexetal é de máis difícil absorción que o ferro de orixe animal.