Filete de fletán con salsa lixeira de laranxa
Información nutricional:
Kcal: 383,4
Proteínas: 36,6%
Hidratos de carbono: 33,4%
Lípidos: 30,0%
Ingredientes
- 150 g filete fletán
- 1 (100g) pataca
- 50 mL zume laranxa
- 40 g cebola
- 5 g fariña
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- ceboliño
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: De 30 a 40 minutos
Limpar o peixe e filetear. Cociñalo á prancha. Reservar. Refogar no aceite o allo e a cebola picados, ligar con fariña e mollar co zume de laranxa, cociñar ata que espese a salsa. Triturar e salpementar. Acompañar de pataca fervida.
Vantaxes:
O fletán ou halibut é un peixe branco e sen espiñas, adecuado para dietas baixas en calorías polo seu pobre contido en graxas. Este peixe presenta unha cantidade notable de proteínas de boa calidade e vitaminas do grupo B. O fletán contén tamén vitamina E, cunha importante acción antioxidante. A cantidade desta vitamina no halibut é superior á da maior parte dos peixes brancos. En canto aos minerais destacan o potasio, o magnesio, o fósforo e o iodo.