As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Espinacas con arroz cremoso

Espinacas con arroz cremoso

Información nutricional:

Kcal: 323,4
Proteínas: 22,5%
Hidratos de carbono: 25,9%
Lípidos: 51,6%

Ingredientes

  • 150 g espinacas
  • 60 g arroz
  • 40 g queixo
  • 5 g manteiga
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cocer as espinacas. Escorrer. Ferver o arroz en abundante auga. Nunha pota pochar o allo e a cebola picados, engadimos o arroz e as espinacas, terminar co queixo e a manteiga. Ligar ata que quede cremoso.

Vantaxes:
As espinacas son unha fonte importante de minerais como o magnesio, potasio, calcio, fósforo e sodio. Conteñen importantes cantidades de ácido fólico, e de betacarotenos, precursores da vitamina A, que actúan contra o envellecemento celular. Tamén son ricas en vitamina C e E, de acción antioxidante, e vitaminas do grupo B. Ademais, apenas conteñen graxas. Son unha das hortalizas con maior nivel de proteínas e a proporción de fibra é considerable.