Escalopes de tenreira en salsa de améndoas
Información nutricional:
Kcal: 484,5
Proteínas: 27,4%
Hidratos de carbono: 15,8%
Lípidos: 56,8%
Ingredientes
- 150 g tenreira tapa
- 50 g arroz
- 30 g cebola
- 20 g améndoas
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: De 30 a 40 minutos
Salpimentar os filetes. Facer á prancha. Pochar a cebola e o allo todo finamente picado. A continuación, engadir as améndoas troceadas, machucadas co morteiro ou co robot de cociña. Salpementar e refogar. Mollar cun pouco caldo de carne ou con auga e deixar que ferva o conxunto e que espese lixeiramente. Servir os escalopes acompañados pola salsa e un arroz branco.
Vantaxes:
A Tenreira Gallega é a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía.
A carne procedente do vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta san e equilibrada, e destaca polo seu elevado contido proteico. Estas proteínas son altamente dixeribles e de gran valor biolóxico. Ademais, é rica en vitaminas do grupo B e en minerais como fósforo, magnesio e ferro.