Coello ao viño branco con verduras
Información nutricional:
Kcal: 515,9
Proteínas: 23,0%
Hidratos de carbono: 23,3%
Lípidos: 53,7%
Ingredientes
- 150 g coello
- 100 mL caldo carne
- 60 g cenoria
- 50 g arroz
- 50 g salsa tomate
- 50 mL viño branco
- 40 g cebola
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- pementa
- tomiño
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: De 30 a 40 minutos
Macerar o coello co aceite e tomiño. Salpementar e dourar o coello nunha tixola. Nunha pota pochar as verduras e engadir o coello, mollar con viño branco, reducir e cocer co caldo, acompañar de arroz branco ao forno.
Vantaxes:
O coello pola súa composición está recomendado en caso de seguir dietas baixas en graxa e colesterol, en caso de trastornos cardiovasculares. Ó ser unha carne branca, o seu contido en ácido úrico é menor en comparación coas carnes vermellas, o que a converte nunha carne apta para persoas con hiperuricemia ou gota.Contén proteínas de boa calidade en cantidades similares ó resto de carnes. Destaca sobre o resto de carnes polo seu elevado contido en potasio, fósforo e calcio. Ademais, o aporte de sodio é moderado, polo tanto o seu consumo é adecuado en casos de hipertensión.
Inconvenientes:
Debido a abundancia de fibras musculares o coello é unha carne máis difícil de dixerir, e isto pódeno notar as persoas que sofren de estómago delicado.