As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Caldeirada de melva

Caldeirada de melva

Información nutricional:

Kcal: 527,3
Proteínas: 25,7%
Hidratos de carbono: 23,4%
Lípidos: 50,9%

Ingredientes

  • 200 g melva
  • 1 (100g) pataca
  • 40 g pemento vermello
  • 40 g cebola
  • 20 g chícharos
  • 2 dentes (10g) allo
  • 3 culleradas (15mL) aceite oliva
  • pementón doce
  • loureiro
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Cortar o peixe en tranchas. Nunha cacerola refogar en aceite os pementos e cebola. Engadir as patacas en rebandas e cubrir con auga. Aos 10min poñer os chícharos e o peixe deixando cocer 10 min máis. Escorrer o auga sobrante e servir cun pouco de allada por enriba.

Vantaxes:
A melva é un peixe azul. Como tal é un alimento cun elevado valor nutricional, debido ó seu contido en proteínas de alto valor biolóxico, aporte vitamínico e o seu contido en ácidos graxos insaturados omega-3, que preveñen das enfermidades cardiovasculares e cancro.