DIETA ATLÁNTICO GALEGA

A nosa aposta pola alimentación sa, completa e equilibrada.

propiedades e beneficios

Dabondo son coñecidas as vantaxes e propiedades desta dieta, que foron analizadas e comprobadas por varios equipos de nutricionistas, médicos e investigadores en alimentación.Esta dieta ten grandes calidades beneficiosas para a saúde, xa que prevén moitas patoloxías de orixe cardiovascular. É unha dieta que inclúe gran cantidade de produtos autóctonos de Galicia, e o seu efecto saudable ten especial incidencia ou impacto na diminución de colesterol e peso de quen a practican.

Uso de alimentos de tempada, locais, frescos e pouco procesados

Uso de alimentos procedentes de vexetais (verduras, hortalizas, cereais, etc)

Consumo abundante de peixes e mariscos frescos

Consumo diario de lácteos e os seus derivados, especialmente queixos

Consumo de carne de porco, vacún, caza e aves

Beber viño nas comidas en cantidades moderadas

Uso de aceite de oliva para aliños e cociñados

Preparacións en base a coccións, braxa e guisados

Unha aplicación pioneira

Como proba da nosa aposta por esta dieta, desenvolvemos unha aplicación interactiva pioneira, en conxunto cun equipo de investigadores da Universidade de Vigo, para gozar da cociña galega.

Analizamos a cociña galega, prato por prato, para coñecer en todo momento que nutrientes lle achegamos ao noso organismo. Incluímolos e creamos este sistema de control innovador. Porque queremos que se poida seguir comendo o de sempre, pero con sentido. Esa é unha das razóns polas que creamos Aquié, un novo concepto de supermercado seleccionado en 2009 como unha do seis tendas máis innovadoras do mundo. Para facilitar cada día menús tradicionais, saudables e diferentes. Para comer san.

Aquí hai máis de 300 pratos que admiten miles de combinacións e infinitas variacións. Para non renunciar a nada. E co sabor de sempre.
Coa garantía do Grupo Cuevas e a Universidade de Vigo.

Algunhas das receitas da dieta atlántico galega

Estas son algunhas das receitas que podes atopar na aplicación interactiva e tamén na nosa Canle Cociña, e que pertencen á dieta atlántico galega. Receitas analizadas e coidadas para ti, para que poidas comer con todo o sabor, gozar dos mellores produtos, e sobre todo, sabendo que é san e beneficioso para a túa saúde.

Coñece os nosos supermercados

As nosas marcas e liñas de establecementos adáptanse ás necesidades de cada cliente.

Abrimos cada día para ofrecerche unha coidada selección de máis de 5.000 artigos.

Un concepto diferente de supermercado, con filosofía propia e onde todo ten sentido.

Toda a experiencia e valor das demais insignias para presentala nun modelo de franquía.