Compromisos

Filosofía e garantías dos nosos supermercados

TRABALLAMOS EN ALGO
TAN ESENCIAL COMO
É A ALIMENTACIÓN

Estes son os compromisos que aceptamos e asumimos para que teñas sempre o mellor na túa casa. Os nosos compromisos son:

para que non perdas tempo

Para que nunca te coloques na cola equivocada, temos un sistema de fila única.

coas datas de caducidade

Se atopas nos nosos supermercados un produto caducado, regalámosche dous iguais, coa data correcta.

Comodidade

Ofrecémosche aparcamento e reparto a domicilio gratuítos. Consulta as condicións.

Sostenibilidade

Mantemos un comportamento responsable no referente ao aforro enerxético, os sistemas de reciclaxe e as embalaxes.

Total satisfacción

Se algo que compraches non te satisfai, cambiámosche este produto por outro similar ou devolvémosche os cartos. Sen necesidade de máis explicacións.

Transparencia

Para que pagues só o xusto, garantimos que as nosas básculas están destaradas, para que non pagues papel a prezo de marisco.

Produtos galegos

Sempre que exista un produto galego coa mesma calidade e prezo ca outro, potenciaremos o produto da nosa terra. A sostenibilidade medioambiental tamén sairá gañando polo menor transporte.

Prezos exactos

Se o prezo marcado no estante e o do tícket de caixa non son iguais, regalámosche o produto.